Vistas de página en total

jueves, 22 de octubre de 2009

Saúdos cordiais. Quen teña ganas de lér o que escribo, pode facelo, a min pareceme ben, pero non escribo para o público, escribo para min, esto vai ser unha especie de diario.

Por qué o fago público? Pois porque non quero esconder nada, e ademáis, produce certo pracer saber que calquera que lle cadre andar por aquí podese enterar do que conto, da miña vida -hai quen lle chama morbo-, de acordo, chamemoslle morbo. Algún problema? Ningún, verdade?

Podedes curiosear o que queirades, non me importa, pero sinceramente, non creo que vos resulte interesante nada do que poida contar, van ser sempre opinións persoais, normalmente falarei das miñas cousas e quen avisa non é traidor, o único motivo de non facer un diario e telo agachado é precisamente que non o quero ter agachado, nin tampouco ilo amosando, está aí, é un libro aberto e quen teña curiosidade que o lea e se lle resulta aburrido, que pase!

Todo isto a modo de presentación ou xustificación, non se pode aparecer nun espazo público polo que andamos todos e non avisar de porqué entro aí, non hai que disimular nada.

Debo avisar de que non é exactamente un diario, vou falar de cousas da miña memoria. Un diario é unha especie de rexistro do que se vai facendo, eu máis ben fago unha memoria. Non hai un plan previo, de inicio teño ganas de evocar momentos e sensacións da miña vida, non de dar detalle do que fago ou fixen -tampouco é unha biografía-. Pero ista é unha primeira intención ou o que agora teño ganas de facer, non sei se máis adiante non usarei o blog para falar doutras teimas que teño. Esto está aberto ás ganas do que eu teña.

Creo que xa din unha idea clara do que quero facer e agora vou dar dous avisos:

O primeiro é que non me interesan os comentarios, vou falar das miñas cousas e fun bastante claro en que non pido ningún tipo de consello, nin recomendacións nin nada parecido, simplemente quero expresarme, falar do que me pete, as opinións poden distorsionar a intención deste blog.

O segundo, que podedes encontrar calquera cousa, isto vai ser unha especie de diario, pero será sobre todo opinións sobre temas do meu interese e sensacións -quizáis sentimentos, quizáis non- de cousas que me pasen, vexa, etc., podedes atopar sensacións moi diferentes, un día alegría, outro non.. ou outra cousa.

Así que xa sabedes, se non tedes ganas de perder o tempo por aquí, non o fagades, probablemente non page a pena.

Deica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario