Vistas de página en total

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Espectador


Fai un momento estaba na cociña da miña casa, fregando os platos e como pasa sempre que estas facendo algo mecanicamente, comecei pensar en cousas que me viñan de repente á cabeza.

Acordeime do máis novo dos meus irmaús, pero non inmediatamente, senón despóis. Levo uns días despegandome do que agora mesmo considero superfluo, quizáis encerrandome nas miñas cousas, no meu mundo, na miña familia -a miña muller e a miña filla- e afastando xente e cousas de min.

Non sei se tera isto que ver co que estiven cavilando, antes e despóis.

Teño a sensación de que, como xa dixen de min noutras entradas, son un espectador, pero acabo de chegar á consciencia de que quizáis funo sempre.

A cousa foi que levo tempo -meses, anos, non o sei exactamente-, reflexionando sobre a miña vida, sobre o que fixen, o que fago e porqué. Busco unha conexión entre todo, busco coñecerme por medio dunha reflexión que me leve a unha vinculación total, non do que fixen ou fago, senón do meu xeito de ser, de actuar. Entenderme.

A consecuencia desta actitude é que de repente collo un momento da miña vida e poñome a pensar en que facía, por qué e a que obedecían as miñas actitudes, últimamente ademáis procuro evitar as consideracións sobre os demáis, sen obvialos e sen caer de repente na crítica amable. É fácil caer na xustificación e desculparse a un mesmo usando o victimismo como arma, pero non busco sentirme ben -a calquer prezo-, busco sentirme ben recoñecendome.

Teño o problema de ser disperso, por iso agora non sería capaz de recordar todo o que estiven pensando antes, pero dinme conta dunha cousa que nunca a reflexionara e que probablemente foi a que me fixo sair adiante na miña vida -e falo nun plano emocional-.

Desgraciadamente debo recoñecer que o que fixen foi acordarme do meu irmaú despóis de darme conta de como son eu, para axustar contas con él, debido á súa vaidade.

Nunca fun persoa de preocuparme das apariencias, de necesitar sentirme importante por medio de achegarme a quen fose popular. Nunca de buscar amizades interesadas, e non falo no sentido de sacar algún beneficio persoal, iso facemolo todos, incluso inconscientemente. Refirome a sentirte máis importante por parecer que tes algunha relación con alguén popular, coñecido e recoñecido por algún tipo de mérito, algo que realmente buscamos todos, buscamos compartir ou roubar algo dese recoñecemento público que ten a xente coñecida (a calquer nivel).

Pero esta reflexión que tiven e que non é totalmente sincera (a quen non lle gusta ese recoñecemento!) non quería que fose unha pretendida demostración de que non busco iso. Realmente o que descobrín foi que a miña forma de ir pola vida -vaidades aparte-, foi ver e escoitar. Isto é difícil de crér a quen me coñece pois son persoa de moito falar, pero falo por puro nervio, ás veces por encher espazos baleiros, ao meu entender.

No que comecei pensar antes de entrar nesta reflexión e do que me acabo de acordar (xa avisei da miña dispersión, á que eu disfrazo de mala memoria), foi en como cremos e creamos o noso entorno, especialmente cando somos novos. Non vemos ou non atendemos ao entorno, seleccionamos a parte que nos interesa ou agrada del e excluimos, como se fosen accidentes, todo o demáis. Construimos (cremos) un mundo á nosa medida. E defendemolo con moitas (malas) artes.

Pero realmente o que fago é buscarme para intentar ser eu mesmo, máis ca mellor persoa, ser sincero cos demáis, que perciban quen son (a miña preocupación é a honestidade). Tento valorar cada información que me chega sobre min e o mundo (relación diádica incluída). Cada vez que creo que me busco o que fago é perderme polo camiño.

O máis probable é que ainda encima todo isto non é máis ca unha simple obsesión. Non son unha persoa boa, non son sincero por una convicción persoal, senón que quero selo por... simple educación. Aprenderonme que tiña que ser así e non fun capaz de facer outra cousa. Nen tan sequera discrepar.

Pero tampouco lle atopo sentido a levar a contraria porqué si. E o que non sei é se quedei quedo por carácter, porque si ou porque esperaba atopar o movemento que eu si quería facer.