Vistas de página en total

sábado, 18 de septiembre de 2010

A soidade

Non entendo o medo á soidade que ten a maioría da xente. Para min é liberdade.
Aínda que máis ben debería falar da miña soidade.

Probablemente para min non é soidade senón distancia. A distancia dun espectador.
Teño a sensación de que sempre fun un espectador fronte ós demais e o mundo. Quizais ao ser o do medio de tres irmáns ou o terceiro de catro.

Había moita xente que atender para miña nai. Cada un tiña que mirar polo seu. Falo nun sentido emocional. Tiñamos que estabelecer as nosas relacións co mundo segundo a cada un lle cadraba. Iso fíxonos independentes, cada un buscouse a vida como puido. Non somos uns irmáns unidos, cun sentido de familia na interpretación máis usual ao caso.

Pero iso é unha creación social, non estraño outro tipo de familia. Perdería liberdade. Ou independenza. Gústame ser espectador da vida -e tamén a distancia que lle acompaña-. Estou afeito a ela e tal e como actúo non quero perder esa distancia, liberdade… espazo.